venres, 10 de abril de 2015

Circuíto elécrico con vinagre

O vinagre ten multitude de usos; ademais de aliño, serve como conservante de alimentos, como repelente de mosquitos, de artigo de limpeza, debido ao seu carácter ácido, reacciona co carbonato cálcico polo que tamén é usado para a limpeza de cal en pequenos electrodomésticos como cafeteiras. Grazas a este carácter ácido e a súa facilidade para adquirilo puidemos facer un experimento entre a relación da reacción química e  corrente eléctrica:

O obxecto da electroquímica é estudar a relación entre as reaccións químicas e as correntes eléctricas ás que estas reaccións poden dar lugar en determinadas circunstancias, así como a conversión de enerxía química en enerxía eléctrica e viceversa.
As pilas caseiras funcionan a partir dunha reacción química que produce unha corrente eléctrica. O vinagre, normalmente, é ácido acético máis auga. Este provén do alcohol dun viño grazas á fermentación dunhas bacterias que lle gustan o osixeno para vivir ( os biólogos chámanas bacterias aeróbicas). Canto máis calidade teña o viño, mellor será o vinagre. Hai moitos tipos de vinagres; de tipo industrial, de alcohol, de Xerez.....

No vídeo podemos ver como o alumnado de 6º elaboraron varios circuítos, en especial o feito con vinagre.
Artigos relacionados co 2015 Ano Internacional da Luz

luns, 2 de febreiro de 2015

Investigando en Ponteciencia



1-Nome: científico, basónimo, galego, castelán,  portugués, catalán, euskaro, inglés, outros ....
2-Etimoloxía- Orixe do nome
3-Sinónimos: principalmente  en Galego  . Polisemia con outras herbas
5-Características: Viváz ou non vivaz, acuática, con flor ou sen flor, segundo o tamaño (herbácea, arbusto, árbore),  follas caduca ou perenne,
6-Hábitat: Fotoperiodismo (precisa sombra, semisombra, moita luz ...
7- Momento de maior interés (floración....)
8-Uso : Herbas mediciñais, tóxicas, velenosas, decorativa, .....Comestibles e non comestibles
9-Etnoloxía: costumes, lendas,....
10- Localización e nª de exemplares en Campolongo (fotografía) ; Ca, Pontevedra (Libro de Árbores de Pontevedra)
11- Outras curiosidades: poemas, receitas, cancións ...

Acompañar os apartados anteriores con FOTOS ,   a poder ser propias (sen flor, con flor, ...)

NOTAS: A ficha hai que entregala tanto escrita (para presentala en Ponteciencia) e tamén dixitalmente  (tipo powerpoint). Cada apartado dos numerados irá nunha diapositiva ou máis, acompañado, a poder ser dunha imaxe. Existe a posibilidade de meter as fichas persoalmente no blog "Entre Herbas do Ghafos", sempre que teñamos un correo electrónico de gmail. 

Os traballos meteránse no blog "Entre Herbas do Ghafos" (onde xa hai algunha información dalgunha das plantas e árbores)

Curisidades que podemos investigar:

Cantas plantas e  árbores hai en Campolongo que sexan autóctonas, alóctanas, naturalizadas, invasora, ou malas herbas.?
Cantas son comestibles? Cantas tóxicas, ou velenosas?
Cantas son mediciñais?
Cantas hai que precisan sombra e cantas non?
Cantas levan nome de Santo?
No caso das herbas, cantas coinciden no seu nome? 

Fichas árboles do Libro "Arbores da Cidade" (Pontevedra)